PDA

Ver la Versión Completa : 15 anos de xestión de D.Manuel Fraga en Galicia


Quetzal
06/05/05, 15:18:44
Desde que a principios de 1990 Manuel Fraga asumiu, co apoio maioritario dos galegos, a presidencia da Xunta de Galicia, volcou todos os seus esforzos en levar adiante un proxecto político que, en tres lustros, transformou Galicia nunha comunidade desenvolvida e moderna. E fíxoo sen que a nosa comunidade tivese que renunciar ás súas raíces. Mesmo reforzou os seus trazos de identidade e posibilitou que asumise un papel destacado tanto no artellamento da España autonómica como na construcción dunha nova Europa.

É Fraga un intelectual, un líder político e un xestor público, de recoñecido prestixio, dentro e fóra de España, ademais dun presidente cumpridor. A súa etapa na presidencia da Xunta está caracterizada pola súa estabilidade política, fronte aos vaivéns que sufriu o Goberno galego en etapas anteriores. Este feito fai que os galegos o valoren dunha maneira especial e ten contribuído, sen ningún tipo de dúbida, a que lle outorgasen a súa confianza maioritaria nas catro ocasións en que encabezou a candidatura do Partido Popular á Presidencia da Xunta.

O primeiro paso que se deu para promover o proceso de modernización de Galicia foi artellar a Autonomía, completar o entramado institucional, poñelo a andar e impulsar o seu desenvolvemento normativo.

Galicia superou con nota o exame, e hoxe atópase entre as comunidades autonómas con maior grao de autogoberno. A capacidade de interlocución de Fraga cos Gobernos centrais, fosen do signo político que fosen, acelerou o proceso de traspaso de novas competencias do Estado á administración galega. Desde 1990 recibíronse un total de 70 traspasos, entre os que destacan os servizos de saúde (coa creación do Sergas en 1991), os medios materiais de Xustiza e as competencias de emprego que xestionaba o INEM.
Lingua, cultura, tradicións, patrimonio artístico ou fórmulas de artellamento territorial específicas como as comarcas. Todas e cada unha das señas da nosa personalidade histórica foron obxecto de recoñecemento político. Eses trazos definitorios dos galegos foron, e son, merecedores de ambiciosas medidas de promoción que engaden, ao seu valor como instrumentos de recuperación da súa autoestima, o feito de térense aplicado sen crear divisións sociais, sobre a base de amplos consensos.

Especial transcendencia ten a política de normalización da lingua galega seguida polo Goberno Fraga. O orzamento directo destinado a potenciar o galego na vida pública, cultural e informativa pasou de 1.370.308 euros en 1999, a 19.830.935 euros no 2005.

Unha ollada á nosa economía permítenos afirmar que hai unha Galicia nova. Estamos a vivir nunha Galicia que medra por primeira vez na historia por riba da media española (o seu PIB situouse nun nivel superior ao do promedio europeo entre os anos 1995 e 2003) e que conseguiu crear 148.000 empregos netos en oito anos. Pero tamén é a nosa unha comunidade na que o sector servizos, con presencia primordial do turismo, representa máis do 10 por cento do PIB de Galicia e dá emprego ao 12 por cento da poboación activa.

A afluencia anual de turistas, que nunca baixou dos 4,3 millóns ao ano entre 1998 e 2004 (no 2003 co Xacobeo o número incrementouse a 6,5 millóns), dá conta da proxección universal que ten Galicia.
Os logros en materia de infraestructuras non son fáciles de resumir. Abranguen a terminación das autovías que posibilitaron a conexión da nosa comunidade co resto de España e Portugal e a mellora das comunicacións viarias internas, nas que se investiron un total de 2.608 millóns de euros nestes quince anos. Pero tampouco hai que esquecer que desde 1990 máis de 300.000 galegos se beneficiaron das máis de 85.000 actuacións promovidas pola Xunta en materia de vivenda, xa se trate de construcción de inmobles de promoción pública, de rehabilitación no rural ou en cascos históricos ou dos programas de hipoteca xove ou da bolsa vivenda en alugueiro.

A boa xestión do presuposto permitiu un esforzo en investimentos de tipo social que contribuíron a mellorar considerablemente a vida dos galegos. A aposta pola educación como base do futuro das novas xeracións traduciuse nun gran desembolso económico que tivo por obxecto dotar de recursos humanos e materiais a todo o sistema. Así, no ensino non universitario investíronse máis de 837 millóns de euros na construcción, ampliación ou mellora das instalacións docentes. En total hoxe dispoñemos de 252 centros de ensinanzas postobrigatorias cunha distribución idónea por toda a xeografía galega.

O sistema universitario galego recibiu preto de 2.103 millóns de euros entre 1999 e 2004. Nese ano aprobouse un novo sistema de financiamento para o periodo 2005-2010 que ascende a 2.140 millóns de euros. Grazas ao esforzo económico do Goberno galego, a nosa comunidade ten o custo de matrícula por alumno máis baixo de toda España, agás Andalucía.
En materia sanitaria investíronse máis de 930 millóns de euros entre 1991 e 2005 destinados a infraestructuras. Destes, máis de 200 foron para a ampliación da rede de atención primaria, case 700 foron dedicados á ampliación da infraestructura hospitalaria e 31 á construcción de centros administrativos.

En atención primaria levantáronse 166 novos centros e realizáronse reformas estructurais de importancia noutros 190. Isto significa que Galicia, cunha poboación que representa o 64 por cento do Estado, aglutina o 13 por cento do total de España.

Galicia pasou de ter 18 hospitais en 1990 a contar con 32. A construcción destes 14 novos centros (4 de ámbito comarcal) permitiu incrementar o número de camas en 2.417, o que fai que hoxe teñamos 2,60 camas por 1.000 habitantes, por riba da media nacional que se sitúa en 1,96. Ademais contamos con 92 Puntos de Atención Continuada (PACs) fronte aos 39 que existían en 1990.

O 63,75 por cento dos galegos teñen xa acceso aos servizos de Atención Primaria en horario de tarde. O servizo de cita previa está presente en 246 concellos dos que 208 a teñen informatizada, con posibilidade de realizar a petición de cita e outros trámites administrativos como o cambio de médico, a través de Internet.

Ademais Galicia presenta un número de aparatos de alta tecnoloxía instalados por millón de habitantes, superior á media nacional, especialmente en TACs, resonancia magnética, hemodinámica, anxiográfica e aceleradores liñeais.
A Galicia de hoxe é unha Galicia renovada por completo. Vivimos nunha Galicia preocupada polos problemas das persoas, na que as mulleres están cada vez máis cerca de acadar a plena igualdade, na que os nosos maiores disfrutan dunha maior calidade de vida e na se traballar a prol da integración plena dos colectivos máis desfavorecidos. Non esquecemos, por suposto a xuventude, verdadeiro motor do futuro, procurando que os mozos cada vez teñan máis pobisilidades para acceder a un traballo e a unha vivenda.

Queda así probado que a credibilidade do PPdeG non provén só de palabras nin de boas intencións, senón da constatación da realidade, dos feitos, dunha traxectoria que permitiu situar a Galicia nunha posición de liderato no mapa comunitario.

Quetzal
06/05/05, 15:25:37
Por todo esto los gallegos deseamos un nuevo mandato de don Manuel, el octogenario que trajo a nuestras tierras una excelente gestión sin precedentes.

http://www.diariomedico.com/fotos/fraga06101.jpg